Xornadas sobre arte e xénero en Fundación Laxeiro

Xornadas sobre arte e xénero. Unha introdución sobre xénero e creación artística que, en colaboración coa Unviersidade de Vigo, A Fundación Laxeiro organiza os días 4, 5 e 6 de novembro en horario de 19.00h a 21.00h. O prazo de inscrición é ata o 31 de outubro. A matrícula é gratuíta e farase por orde de inscrición. As persoas interesadas deben poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro no teléfono: 986-43 84 75 ou no correo electrónico: fundacion@laxeiro.es Prazas limitadas. As xornadas están dirixidas por Dolores Ruiz e coordinadas por Ignacio Pérez-Jofre.

DOLORES RUIZ é especialista en cuestións de xénero e políticas de igualdade. É máster cum laude en Xénero, Educación, Políticas de Igualdade e Liderazgo por a Universidade de Vigo; especialista en auditorías de igualdade de mulleres e homes por a Universidade Jaume I de Castelló; licenciada en Filoloxía Hispánica por a UNED e diplomada en Estudos Avanzados dentro do programa de doutoramento Literatura española e Teoría da literatura por a Universidade de Vigo. Ten unha ampla experiencia no desenvolvemento de cursos, talleres e xornadas sobre as relacións de xénero no mundo laboral, educativo e familiar, para diversas organizacións e realizado o diagnóstico e plan de igualdade de oportunidades para diferentes empresas galegas. Impartiu numerosos talleres de educación sexual e prevención de violencia de xénero para alumnado da ESO, ademais de talleres para pais e nais de alumnado de Eduación Infantil, Primaria e Secundaria. Ten realizado estudos socioeconómicos e plans de igualdade para diversas administracións locais en Galicia e coordinado talleres sobre igualdade para traballadoras e traballadores sociais da Xunta de Galicia.
Como creadora literaria foi gañadora dos premios Blanco Amor de novela en 2004; Barco de vapor en 1998 e finalista na IV Edición dos Premios de cuentos ilustrados, convocado por a Deputación de Badaxoz en 2002, ademais de impartir numerosos talleres de escritura e lectura en diversas bibliotecas de Galicia.

IGNACIO PÉREZ-JOFRE SANTESMASES é artista plástico e Licenciado en Belas Artes, especialidade de Pintura por a Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Belas Artes por a Universidade de Vigo. Dende 1996 é Profesor Titular de Pintura na Universidade de Vigo. Ten desenvolvido numerosos proxectos de investigación, entre os que destacan Estudio psicoxeográfico do Campus de Pontevedra, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, financiado por a Cátedra Filgueira Valverde; La investigación transversal y la práctica del cruce metódico: interrelaciones arte-ciencia-tecnología, financiado por a Xunta de Galicia ou Identificación experimental del cruce metódico en la creación de la obra de arte, Facultade de Belas Artes de Pontevedra e tamén NuevosProcedimientos Escultóricos, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, en colaboración con grupos de investigación das universidades Miguel Hernández (Levante), Tenerife, Castilla-La Mancha. Como comisario, desenvolveu os proxectos expositivos La pintura en el lugar, Asociación Amalgama, Centro de Gravedad Permanente, Vigo; Os pasos perdidos, Fundación Laxeiro, Vigo; Facer e deixar de facer, Fundación Laxeiro, Vigo; Pintura mutante, MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo); Saturación, Galería Sargadelos, Pontevedra; Arte y alquimia, Sala de exposicións da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Como artista plástico ten un amplo percorrido expositivo e publicados numerosos catálogos. A súa obra forma parte de coleccións como: Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago de Compostela, Deputación de Córdoba; Deputación de Ourense; Concello de Salou; Palacio de Congresos y Exposiciones de Madrid e Universidade de Salamanca.

This entry was posted in . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...