A
axenda cultural deseñada pola Vicerreitoría de Extensión
Universitaria contará mañá cunha das bandas emerxentes do indie
español. Trátase de Fuel
Fandango, un grupo
cordobés formado por Ale Acosta (ex membro de Mojo Project) e Nita,
cantante
cordobesa chegada da copla e do flamenco.
Con dous discos no mercado, ofrecen unha proposta musical chea de
mestizaxes con influencias do flamenco pero empregando como fío
condutor a electrónica e o pop. Subiranse ao escenario do teatro da
Cidade Universitaria mañá 23 de outubro.
No seu último
álbum, Trece
Lunas (2013)
incorporan aos seus sons algo de rock e pop. En 2010 publicaron o seu
primeiro disco, Fuel
Fandango,
acadando xa un gran éxito por parte da crítica e sumando adeptos
tanto nacionais como fóra das nosas fronteiras.
En directo,
dominan a posta en escena xa que antes de gravar o seu primeiro
traballo, xa deran 80 concertos. Logo do seu disco de debut
percorreron escenarios tan dispares que os levaron a Arxelia, Dubai,
Romanía, Francia ou India.