IV Minho Reggae Splash

Na vila de Goián, no concello de Tomiño, existe un espazo histórico onde os grandes protagonistas son o Río Miño, a súa praia fluvial e a historia da Fortaleza de San Lourenzo.

Esta fortaleza foi erixida no século XVII e 300 anos despois convertese nun espazo para gozar da cultura e do ocio.

O Espazo Fortaleza acollerá este ano a celebración do IV Minho Reggae Splash, transformando unha icona da guerra nun símbolo de paz e unión entre pobos.

O espazo dispón de zona de baño na beira do Río Miño, zona verde de gran beleza paisaxística, sombra con árbores autóctonas, ademais dos servizos necesarios para a celebración do IV Minho Reggae Splash. 


O festival conta con tres días dedicados a concertos de reggae, espectáculos de rúa e actividades, para adultos e pequenos. Tamén conta cunha zona de acampada.
Realizaranse talleres, de percusion, danza, malabares, escalada, tamen a ruta de senderismo guiada.

This entry was posted in . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...